Noticias

"Convivir Deportivo" na Radio Galega, podes escoitalo de novo!

O sábado 2 de febreiro emitiuse o programa "Convivir Deportivo" da Radio Galega conducido por Alfonso Pardo sobre a orientación galega. Contamos coa participación do presidente da FEGADO, Javier Alvelo e outros rostros coñecidos da orientación na nosa comunidade como Alberto Arufe, Ricardo Figueroa, Rosa Pernas e Mateo Rodríguez.

O programa foi gravado no concello de Redondela, quen acollerá o próximo domingo 10 de febreiro a primeira proba da Liga Aromon-ChemaSport.

Podedes escoitar de novo ou descargar o podcast do programa nesta ligazón.