Noticias

A LIGA ESPAÑOLA DE MTBO DEU COMEZO A PASADA FIN DE SEMANA CO CAMPIONATO IBERICO EN EXTREMADURA

A Liga Española de MTBO comezou esta fin de semana na Comarca de Los Llanos de Olivenza (Extremadura) co Campionato Ibérico de MTBO.O evento estivo formado por tres probas puntuables para o ranking nacional: Mass Start, Sprint e Distancia Media.

A continuación, repasamos os mellores resultados a nivel nacional dos deportistas da FEGADO que participaron nesta proba.

O sábado na Mass Start Lía Rodríguez e Noa Rodríguez (ambas do Club de Orientación Compás) lograron o ouro en F17 e F20, respectivamente. Pola súa banda, Enrique Álvarez (Club Gallaecia Raid) foi segundo en M55. A terceira posición en Feminino Elite foi para Sofía Martínez (Club de Orientación Compás), en M20 para Mario López (Club O Pasatempo Betanzos) e en F50 e M50 para Claudia Oreiro (Club Gallaecia Raid) e Alex Marín (Club Raza Palleira), mentres que Francisco Varela (Club de Orientación Compás) tamén recolleu o bronce en M60.

Na distancia sprint disputada pola tarde, Lía Rodríguez e Noa Rodríguez repetiron primeira posición en F17 e F20. Neste caso, Sofía Martínez foi segunda en F-Elite e Rodrigo Rodríguez (Club de Orientación Compás), David Casado (Club O Pasatempo Betanzos) e Francisco Varela lograron tamén a prata en M40, M50 e M60, respectivamente. Claudia Oreiro e Alex Marín recolleron de novo o bronce na categoría 50.

Por último, na distancia media do domingo Lía Rodríguez e Noa Rodríguez lograron o seu terceiro ouro da fin de semana en F17 e F20. Rodrigo Rodríguez, David Casado e Francisco Varela tamén foron primeiros en M40, M50 e M60. Claudia Oreiro foi segunda en F50, seguida de Rosa Porto (Club O Pasatampo Betanzos) e de José Manuel Nogueras (Club O Pasatempo Betanzos) na categoría Masculina. Pola súa banda, Sofía Martínez repetiu terceira posición en Femenino Elite.

Dende a FEGADO enviamos os parabéns a tod@s @s nos@s deportistas.

Os resultados completos pódense consultar neste enlace.