Noticias

PACO COBAS É REELIXIDO PRESIDENTE DA FEDO PARA O CICLO 2024-2028

A Asemblea Xeral Extraordinaria da FEDO 2024-2028 reelixiu ao galego Paco Gómez Cobas, orientador da Sociedade de Montaña Ártabros, como presidente da Federación Española, no que será o seu terceiro mandato á fronte de dita federación.

Nesta primeira reunión dos integrantes da Asemblea FEDO tamén se designou a nova Comisión Delegada, integrada por: Federación de Orientación de Castela- A Mancha (FECAMADO), Federación de Orientación da Comunidade Valenciana (FEDOCV), Club Aromon de Pontevedra, Club Peña Guara, Abel Otero e Mónica Martínez.