REPRESENTACIÓN GALEGA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO DE ORIENTACIÓN A PÉ
A pasada fin de semana, tres orientadores da FEGADO (Alba Dopico, Alán Sardinero e Xoel Chamorro) desprazáronse a Aguilar de Campoo (Palencia) para representar ás súas universidades no Campionato de España Universitario de Orientación, organizado pola Universidade de Valladolid.
O venres 20 de maio disputouse a distancia sprint, mentres que o sábado pola mañá tivo lugar a distancia media e pola tarde celebrouse unha proba de Trail-O. O domingo o evento clausurouse coa distancia longa.
Destacamos o top ten do noso orientador Xoel Chamorro (Universidade de Vigo) nas distancias media e longa, onde foi o noveno e o décimo clasificado, respectivamente.
Parabéns aos tres!
Achégase o enlace aos resultados completos e á web do evento.