AS LIGAS ESPAÑOLAS DE O-PÉ E SPRINT DESPEDÍRONSE ESTA PONTE CO CAMPIONATO IBÉRICO MASCULINO EN EXTREMADURA
A provincia de Cáceres acolleu esta ponte o Campionato Ibérico Masculino de Orientación, un evento integrado por tres probas (media, longa e sprint), sendo o sprint puntuable para o ranking nacional; ademais dunha proba de distancia media valedeira para a Liga Española de O-Pé 2024.
Máis de 40 deportistas da FEGADO participaron nesta competición, que comezou o venres 6 e rematou o domingo 8. En canto aos resultados do CIMO, sumando a puntuación obtida nas tres probas, Ángel Álvarez Serto (Club Aromon de Pontevedra) e Francisco Varela (Club Orientación Compás) proclamáronse campións en M40 e M60, respectivamente. Marcos Silvarrey (Club Gallaecia Raid) foi subcampión en M20E e Concepción González (Club Orientación Compás) terceira e F55.
Os resultados completos están dispoñibles aquí. Parabéns a tod@s!