Noticias

PRESELECCIÓN CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ORIENTACIÓN A PÉ URBANO (CEOPu 2025) | 25 e 26 de outubro | Frailes (Jaén)

CEOP 2025 de Sprint e Remudas Mixtas e LEOP TROFEO VILLA DE FRAILES.

Recordatorio de que as inscricións péchanse o domingo 12 de outubro de 2025


Nesta edición disputaranse as seguintes probas:

Campionato de España de distancia Sprint (individual) | CEOP de Remudas Mixtas por Comunidades Autónomas | CEOP por Clubes (2ª fase) | CEOP por Comunidades Autónomas (2ª fase).


Adxuntamos a lista de persoas deportistas que loitarán para formar parte da Selección Galega do CEOP urbano 2025 de Frailes (Jaén). Consulta dúbidas oripe@fegado.es | Corrección de erros nas listaxes direcciontecnica@fegado.es

Lamentablemente a previsión é dunha baixa participación galega, seguramente debido á distancia e a un calendario saturado de probas, o que é unha mágoa porque no conxunto das probas urbanas FEGADO ven acadando historicamente moi bos resultados. Animádevos a viaxar e a completar os equipos.

Que significa estar entre aspersoas preseleccionadas ? É un recoñecemento ao esforzó e aos méritos deportivos individuais. Tamén aplícanse decisións técnicas e valórase positivamente a participación continuada, no caso dos rapaces e rapazas das categorías inferiores, nas actividades de tecnificación da FEGADO.

Motivación e novas experiencias. A preselección ten o obxectivo de motivar ás persoas deportistas para perseverar no proceso de mellora individual continua. Tamén para dar o salto e probar a experiencia de saír ás probas de nivel nacional, formando parte do grupo da FEGADO que se despraza regularmente ás competicións.

O meu nome non está na lista.Quere iso decir que xa non podo ser seleccionado/a ? Non. A lista de persoas preseleccionadas é aberta, sempre co obxectivo do recoñecemento dos méritos deportivos individuais que se vaian acadando, cubrir as prazas dispoñibles, completar os equipos de remudas e aportar a mellor puntuación posible para a Selección Galega nos Campionatos de España por Comunidades Autónomas.

Selección Galega definitiva ? A selección definitiva se fará entre as persoas inscritas ao CEOP-2 na plataforma SICO. Hai un número limitado de 34 prazas competitivas sometidas á dispoñibilidade orzamentaria, segundo méritos deportivos dos/ascandidatos/as e decisións técnicas para completar os seguintes grupos de categorías: SUB-16 (máx. 6 prazas) | SUB-20 (máx. 6 prazas) | SÉNIOR (máx. 14 prazas) e VETERANO/A (máx. 8 prazas). As posibles vacantes en categorías veteranas ou sénior serán asignadas ás persoas deportistas máis novas.

Criterios de Selección CEOPu 2025. Mantemos os criterios de Selección dos anos anteriores que se detallan no documento adxunto.