Noticias

MEDALLA DE OURO PARA LUCÍA PARGA NA CATEGORÍA ÉLITE DO CAMPIONATO IBÉRICO FEMININO DE O-PÉ

Máis de media centea de deportistas da FEGADO competiron esta fin de semana no Campionato Ibérico Femenino de Orientación a Pé, celebrado en Terras de Bouro (Portugal). En total disputáronse tres carreiras: longa, media e sprint.

Tendo en conta os resultados das tres probas, a nosa orientadora Lucía Parga (Club Aromon) proclamouse Campioa Ibérica na categoría Élite Feminino.

Rodrigo Fouz (Club Fluvial de Lugo) tamén conseguiu o ouro en H12, mentres que a medalla de bronce nesta categoría foi para Lucas Baja (AD Limiactiva). O campión de H14 foi Martín Casado (OP Betanzos) e na categoría femenina Sara Nogueras (Club Fluvial de Lugo) acadou a medalla de prata.

Mario González (OP Betanzos) e Anxo Somoza (Club Gallaecia Raid) foron o primeiro e terceiro clasificados, respectivamente, en H16. En D16 o segundo posto foi para Eva Casado (OP Betanzos), seguida de Mailén Aller (Club Peña Trevinca). Diego Pérez (Club UVigo) logrou o bronce en H18.

En D21A a primeira posición foi para Irene Morales (AD Limiactiva) e o terceiro posto para Sara Ricoy (Club Aromon). Iván Somoza (Club Gallaecia Raid) acadou a prata en H45, mentres que Sonia Arias (Club Aromon) e David Casado (OP Betanzos) foron os campións de D45 e H50, respectivamente.

Finalmente, Rosa María Pernas (Club USC) foi a segunda clasificada en D60 e o terceiro posto en D65 foi para María José Naya (Club Orientación Liceo) en D65.

Dende a FEGADO trasladamos a noraboa a tod@s @s deportistas!


Máis información e resultados completos na web do evento