Publicación do Boletín 3 da 1ª Carreira Eurocidade Tui-Valença
Á falta de pouco máis de un día para pechar as inscricións, engadimos o boletín 3 (con tempos, controis, distancias, desniveis e características) da 1ª Carreira de Orientación Eurocidade Tui - Valença (11 LACHS 2018) que desenvolveremos o vindeiro domingo 14 de outubro nos cascos urbáns de Valença do Minho (de mañá) e Tui (de tarde).
Trátase de dúas probas no mesmo día, e que tenta promocionar a Eurocidade Tui-Valença. Este motivo de ter dúas probas supón que os prezos de inscrición variarán en función de si participas nunha ou nas dúas.
Terás a posibilidade de inscribirte de xeito individual ou en grupo (máximo 4 persoas).