Noticias

Tecnificación O-Pé 2024 en Abadín (LU) o sábado 3 de febreiro (tarde)

Comezamos unha ilusionante tempada de Tecnificación na FEGADO coa intención de facer actividades transversais para que os rapaces e rapazas das categorías inferiores coñezan todas as nosas especialidades: O-Pé, MTBO, Raid de Orientación e Trail-O, aproveitando a asistencia ás probas das Ligas. Tamén temos calendadas ao longo do ano dúas actividades de fin de semana, un campamento de verán e, como novidade, un campus de Nadal en Galicia.


A primeira actividade programada será no mapa de O Ouroso (Abadín), como complemento á primeira proba de Liga Galega e O-Pé. Un dos nosos mellores mapas específicos de O-Pé, que será moi interesante para traballar técnicas de orientación en bosque e lectura de curva de nivel.


É imprescindible confirmar a túa asistencia na conta de correo oripe@fegado.es.

Data límite: domingo 28 xaneiro ás 23:50 horas (a mesma que no peche de inscricións da proba).

Punto de encontro: centro de competición ás 14:30 do sábado 3 de febreiro.

Duración da actividade: ata as 17:00 horas.

Grupos de tecnificación: Rapaces e rapazas que xa "progresan autonomamente" en probas oficias (mínimo nas categorías M/F 12). Por decisión técnica se asignarán ao Grupo 1 (básico), Grupo 2 (intermedio) ou Grupo 3 (perfeccionamento). Tecnificación + (persoas deportistas senior, xa tecnificadas e que aspiran a competir nas categorías elite): se convocarán por decisión técnica de entre as persoas solicitantes que cubriron o formulario.

Trazados: Lucía Parga (deportista FE). Coordinan: Teresa Bellón (vogalía O-Pé) e Jorge Piñeiro (Dirección Técnica).

Materiais compás e funda plástica para o mapa. Non é necesaria a pinza SPORTident. Roupa de orientación que protexa as pernas e os brazos. Seguridade: móbiles son benvidos. Estaremos atentos á meteoroloxía.


Se é que non o fixeches antes, enche o FORMULARIO DE TECNIFICACIÓN 2024 para poder coñecer mellor as túas inquedanzas e poder adaptar mellor as nosas actividades.