Noticias

SELECCIÓN GALEGA [act ma11 xuño] Campionato de España de Seleccións Autonómicas CESAOP 2024 | Portillo (Valladolid) | 27 ao 30 de xuño

martes 11 xuño. Actualización da selección tras a confirmación da asistencia dos/as deportistas


Adxuntamos a relación das 24 persoas deportistas propostas para a participación das seleccións INFANTIL, CADETE e XUVENIL que representarán a Galicia no Campionato de España por Seleccións Autonómicas en Idade Escolar de Orientación a Pé 2024 (CESAOP 2024).

A delegación de Galicia viaxará cun mínimo de catro técnic@s en autobús fletado por FEGADO que sairá na mañá do xoves 27 de xuño, para regresar o domingo 30. Adxuntaremos información máis detallada en próximo boletín sobre as rutas, horarios, programa, aloxamento e manutención xa bloqueados por FEGADO, qué levar, etc. Adiantamos na ligazón adxunta a información que aporta o club organizador .

É imprescindible confirmar a dispoñibilidade ou non dispoñibilidade tanto dos/as "titulares" (as persoas que viaxan), como dos/as "reservas" (as persoas que viaxarían se houbera algunha baixa ou renuncia dos/as titulares) na conta de correo direcciontecnica@fegado.es antes das 23:50 horas do vindeiro xoves 6 de xuño.

Unha vez confirmadas as composicións dos equipos requeriremos a información administrativa (autorizacións, uso de imaxes, alerxias e intolerancias, etc.) aos pais e nais.

Parabéns a todos/as !!!