Noticias

O EQUIPO O PASATEMPO-MALARRUTA PROCLAMOUSE SUBCAMPIÓN DE ESPAÑA DE RAIDS DE ORIENTACIÓN E AVENTURA EN ÉLITE

Os nosos deportistas competiron esta fin de semana no Campionato de España de Raids de Orientación e Aventura en Extremadura.

O equipo OP Betanzos - Malarruta (formado polos nosos orientadores Mar Delgado e Alberto Corral, xunto co seu compañeiro Aurelio Olivar) proclamouse subcampión de España en Élite. @s deportistas completaron uns 200 km en máis de 16 horas de carreira, divididos en seccións de BTT, trekking e tamén e probas especiais como enigmas, combinada de puntería, rápel e tirolina.

Ademais, o Aseragro- Biziebike Vizhoja Cornelios (Pablo Fernández, Alberto Otero e Isaac Rodríguez) logrou a prata en Aventura Masculino e o conxunto Talleres Mingos - Tecfilter Vizhoja Cornelios (Cándido Carrera, Diego Fernández, Silvia Insua) rematou tamén en segunda posición en Aventura Mixto.

Parabéns a tod@s!


Podedes consultar máis información na web do evento e os resultados completos están dispoñibles aquí