Noticias

Mateo Rodríguez no Campionato do Mundo Escolar

O noso orientador Mateo Rodríguez (AROMON) viaxa estes días a Estonia para participar no Campionato do Mundo Escolar (WSCO) que se celebra na cidade de Otepää.

A competición comeza este mércores 1 de maio coa longa distancia e seguirá o día 3 coa media para finalizar cun evento de amizade entre os participantes.

Para ter máis información sobre a participación de Mateo e os seus compañeiros/as de selección ficade atentos ás nosas Redes Sociais e mais á web do Campionato.

Moita sorte Mateo!

Adxuntos