Noticias

EXCELENTES RESULTADOS D@S NOS@S DEPORTISTAS NO CAMPIONATO IBÉRICO DE ORIENTACIÓN A PÉ

Máis de corenta deportistas da FEGADO participaron esta fin de semana no Campionato Ibérico Masculino de Orientación a Pé, que foi a última proba da Liga Española de O-Pé 2022

Celebrouse en Valencia de Alcántara (Extremadura) e consistiu en tres probas: longa, media e sprint.

O noso orientador Mateo Rodríguez Díaz (Club Aromon de Pontevedra) acadou o bronce na categoría en M18E, coa suma de todos os resultados

Ademais, David Casado Bravo (Club OP Betanzos) logrou tamén a terceira posición en M50, Concepción González Bello (Club Orientación Compás) a prata en F55 e Rosa Pernas Martínez (Club USC) foi a campioa de F60

Noraboa a tod@s @s participantes e grazas á FEXO e ao Club Alcor pola organización!


Máis información sobre a proba na web do evento