Noticias

MÁIS DE 800 DEPORTISTAS DÉRONSE CITA ESTA FIN DE SEMANA NA PRIMEIRA PROBA DA LIGA ESPAÑOLA DA TEMPADA

Esta fin de semana a provincia de Huelva acolleu o I Trofeo Iberoamericano de Orientación, que englobou as primeiras probas da Liga Española de O-Pé e Sprint deste 2024, organizadas polo club Orientación Huelva (COHU) e o club Montellano-O.

O evento deu comezo o sábado 3 coa proba de LONGA DISTANCIA, onde Mateo Rodríguez (Club Aromon de Pontevedra) foi o terceiro español en M20E, Araceli Abalde (Club Aromon de Pontevedra) recolleu o ouro en F35A e Ángel Álvarez Serto (Club Aromon de Pontevedra) foi segundo en M40.

Pola tarde disputouse a primeira proba da Liga Española de SPRINT, na que Lucía Parga (Club Aromon de Pontevedra) foi quinta en FE e Mateo Rodríguez acadou o segundo posto en M20E. Araceli Abalde, Ángel Álvarez Serto (ambos do Club Aromon de Pontevedra) e Concepción González (Club Orientación Compás) lograron a prata en F35A, M40 e F55, respectivamente; mentres que Pedro Parga (Club Fluvial de Lugo) foi primeiro en M65.

Por último, na distancia MEDIA do domingo, destacamos os seguintes resultados a efectos do ranking nacional: Lucía Parga foi terceira en FE, Mateo Rodríguez conseguiu de novo a prata en M20E e Ángel Álvarez Serto e Araceli Abalde recolleron o ouro en F35A e M40. Pola súa banda, os segundos postos en M50 e en F55 foron para Javier Liz (Club Fluvial de Lugo) e para Concepción González, respectivamente.

Ademais, o sábado celebrouse a 'Gala FEDO 2023', na que se entregaron os premios aos deportistas e clubs gañadores do ranking 2023 de O-Pé e Sprint, así como un recoñecemento a deportistas españois polos seus éxitos internacionais. En canto á Liga Española de OPé 2023, Maikel Rodríguez (Club Vigorienta) foi quinto en ME e Concepción González (Club Orientación Compás) foi segunda en F55, mentres que en Sprint Iván Somoza (Club Gallaecia Raid) e Concepción González recolleron o ouro en M45 e F55, respectivamente. Ademais, Sofía Martínez (Club de Orientación Compás) recibiu un recoñecemento polo seu diploma no sprint do Campionato de Europa MTBO Junior en Portugal.

Dende a FEGADO trasladamos a noraboa a todos os nosos deportistas!

A información da proba está dispoñible na web do evento e os resultados completos pódense consultar aquí.