Noticias

RANKING [provisional] da VI LIGA GALEGA O-PÉ SPRINT 2025 (disputadas 4 das 5 probas calendadas)

Publicamos, cunha nova maquetación, a actualización do RANKING da LIGA GALEGA DE ORIENTACIÓN A PÉ SPRINT 2025 unha vez disputadas catro (4) das cinco (5) probas calendadas.

Animávomos a participar o sábado 18 de outubro na 5ª e decisiva proba no Porto do Son (A Coruña) organizada pola ADC ARNELA [+info].

Esta proba é unha excelente forma de preparar o CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ORIENTACIÓN A PÉ URBANO (SPRINT e REMUDAS MIXTAS) que de disputará en Jaén o fin de semana do 25 ao 26 de outubro. Peche de incricións en SICO o 12 de outburo [+info]

Calquera incidencia pódese solventar no email ranking@fegado.es


IMPORTANTE. Tede en conta as notas provisionais do encabezado do documento adxunto. Recordamos o que establecen as NORMAS ANUAIS 2025 respecto de que "só se pode puntuar nunha categoría, tanto para o ranking individual coma de clubs. Se un corredor ou corredora participa en varias, ás que poda ter dereito, antes de celebrada a 5ª xornada o seu club deberá notificará persoa responsable de ranking da FEGADO a categoría na que se incluirá ó corredor ou á corredora. En caso de non facelo, será incluído/a naquela categoría en que máis teña competido. Serán anuladas nos dous tipos de ranking as puntuacións obtidas nas outras categorías en que puidese ter participado".