Noticias

Galicia campioa de España de MTBO

Galicia volver a ser un ano máis a gañadora no Campionato de España de MTBO, e as 35 medallas para os orientadores/as galegos así o certifican. Destacar o triunfo en categoría élite de Mar Delgado no sprint e na distancia longa, mentres que Ana Varela gañaba o ouro na media.

Ademais, Galicia ocupaba máis postos de podium coa prata (sprint) e bronce (media) de Ángel García. Tamén Tania López traía unha medalla de bronce na longa para Galicia, que se suma aos ouros de Mar e Ana, quen ademais trouxeron sendas pratas na longa (Mar) e na media (Ana).

Destacar tamén a coroa de ouro de Sofía Martínez e Sonia Gómez, quen gañaban as tres probas na categoría F12 e F40 respectivamente. Parabéns tamén para os galegos que conseguían un metal en tódalas probas, Nicolás López en M17 (prata en Sprint e Longa, bronce na media) e Pedro Parga (con ouro na media, prata no sprint e bronce na longa)

Na proba sprint, ademais dos xa comentados, o equipo galego conseguía dúas pratas, Alejandra Carro (F40) e Natalia Pedre - Javier Arufe (Abs. Parellas) e tres bronces: Iván Álvarez (M15), Alba Dopico (F17) e Javier López (M17).

Na proba media recollíamos 5 pratas, ademais das medallas xa apuntadas antes: Javier López (M17), Martín Enrique Álvarez (M20), Yolanda García (F40), Teresa Silvarrey (F50) e Natalia Pedre- Javier Arufe (Absoluto Parejas)

Por último, na proba longa levamos para casa 3 medallas de prata: Teresa Silvarrey (F50), Enrique Luis Álvarez Estévez (M50) e Javier Arufe-Natalia Pedre (Abs. Parejas) E tamén 4 bronces: Eva Casado (F12), Pablo Fernández (M17), Martín Enrique Álvarez (M20) e Yolanda García (F40).