Noticias

SELECCIÓN GALEGA CAMPIONATO DE ESPAÑA O-PÉ DISTANCIA MEDIA, LONGA e REMUDAS CLÁSICAS CEOP-2 bosque 2026 | 3, 4 e 5 de abril de 2026 | Lles de Cerdanya i La Seu d’Urgell

Adxuntamos a listaxe de persoas seleccionadas para o CEOP-2 bosque nas especialidades individuais de DISTANCIA LONGA e DISTANCIA MEDIA, ademáis da composición dos oito (8) EQUIPOS DE REMUDAS FEGADO máis competitivos e que son designados como SELECCIÓN GALEGA. Tamén publicamos a composición de tódolos EQUIPOS GAL e EQUIPOS OPEN FEDO con persoas da FEGADO.

A Delegada FEGADO da expedición FEDO é a nosa Presidenta Sonia Gómez Naya.


Nota: os equipos publicados están cargados na aplicación O-Relay Management da FEDO a data actual. Debemos estar atentos á publicación oficial dos mesmos por parte da FEDO de cara a confirmar composición e orde das postas/quendas.

Cambios: Unha vez pechada a inscrición para a participación nas remudas clásicas do CEOP-2, poderanse facer cambios na composición dos equipos ata 16 horas antes da hora indicada como inicio da correspondente carreira de remudas (límite 4 de abril a través da aplicación O-Relay Management).

Parabéns e sorte a tod@s