CHAMAMENTO Á COLABORACIÓN DOS TRAZADORES dos eventos da pasada tempada 2025 de cara á REUNIÓN TÉCNICA do 24 de xaneiro.
Colaboración e formación continua. Estamos a traballar na REUNIÓN TÉCNICA DE TRAZADOR@S do sábado 24 de xaneiro 2026 que pretende ser un espazo de aprendizaxe compartido e de posta en común das experiencias de trazados na modalidade da orientación.
Aporta os teus trazados. Podes colaborar enviando o teu conxunto de trazados en formato pdf á conta direcciontecnica@fegado.es. Queremos construir un repositorio de exemplos de trazados galegos actuais do que extraer unha mostra representativa para que o poñente (Ángel Álvarez Serto) poida enriquecer o debate técnico e traballar na avaliación conxunta das boas prácticas, exposición percorridos, agrupación de categorías, etc.
Participa na reunión. Para facer da sesión un encontro produtivo, aporta a túa experiencia nos debates: incidencias detectadas, propostas de simplificación ou de mellora, etc.
Centraremos a sesión de traballo nas disciplinas de O-pé e MTBO, pero tamén estaremos abertos ás aportacións ou debate respecto dos trazados en Raid de Orientación e TRAIL-O.
Recorda que xa están publicadas as EspecificaciónsTécnicas (Anexo III) e Principios Fundamentais do Trazado de percorridos (Anexo IV) que forman parte do noso marco normativo 2026 (Regulamento e Normas Anuais).
Porta abertas: a sesión formativa non estará dirixida exclusivamente a trazador@s experimentad@s, senón que tamén son benvidas todas esas persoas que queiran "perder o medo a trazar" ou mesmo teñan a curiosidade por aprender "trucos" que poidan aplicar nas actividades dos seus clubs.
Unha oportunidade para seguir aprendendo xunt@s !
