Noticias

OS DEPORTISTAS DA FEGADO PARTICIPARON NO II TROFEO DE MTBO- SERRANÍA DE CUENCA

Cuenca recibiu a pasada fin de semana o IITrofeo MTB-O Serranía de Cuenca, no que participaron case 30 orientadores da FEGADO. O evento estivo formado por tres probas puntuables para a Liga Española de MTBO 2024 e en concreto a distancia media tamén para o Campionato Ibérico.

O sábado disputouse a distancia media, na que destacamos o triunfo da nosa deportista Mar Delgado (Club O Pasatempo Betanzos) na categoría elite femenino, proclamándose Campioa Ibérica nesta proba.

Ademais, coa suma das tres probas (media, sprint e distancia longa), os nosos deportistas lograron as seguintes medallas: Mario López (Club O Pasatempo Betanzos) conseguiu o ouro en M17 e Anxo Somoza (Club Gallaecia Raid) o bronce, mentres que Nicolás López (Club Orientación Compás) foi 3º en M20. En M40 o primeiro posto foi para Rodrigo Rodríguez (Club Orientación Compás) e Juan Combarro (Club O Pasatempo Betanzos) conseguiu a segunda posición. Iván Somoza (Gallaecia Raid) acadou o ouro en M50 e Francisco Varela (Club Orientación Compás) a prata en M60. Nas categorías femininas, Lía Rodríguez (Club Orientación Compás) e Sara Nogueras(Club Fluvial de Lugo) foron primeiras en F15 e F17, respectivamente; mentres que as medallas de prata en F17 e F20 foron para Noa Rodríguez e Sofía Martínez (ambas do Club Orientación Compás) 2ª en F20. Alicia Pérez (Raza Palleira) foi1ª en F40 e Sonia Gómez (Club Orientación Compás) fixo o propio en F50, mentres que Mar Delgado (Club O Pasatempo Betanzos) acadou o bronce en FE.

Dende a FEGADO trasladamos os parabéns a tod@s @s nos@s deportistas.

Os resultados completos están dispoñibles aquí.