LISTAXES [ACTUALIZADAS ao 14/04/2022] (3) dos/as deportistas da SELECCIÓN GALEGA para cada unha das tres disciplinas da segunda fase do Campionato de España de Orientación a Pé 2022 (CEO-1 Aragón)
En aplicación do Programa Xeral para Seleccións Galegas e do Proxecto Deportivo de Orientación a Pé 2022, procedemos a publicar, en coordinación coa vogalía de O-Pé, a relación dos/as 34 deportistas seleccionados/as para representar a Galicia na segunda fase do Campionato de España de Orientación a Pé 2022 (CEO-1) que terá lugar en Aragón do 15 ao 17 de abril de 2022.
A diferencia do criterio aplicado no CEO-2, nesta ocasión procedemos a publicar unha selección independente para cada unha das tres disciplinas (remudas clásicas, sprint e media) desta fase do Campionato de España, posibilidade que recolle o Programa Xeral de Seleccións Galegas. Xustifícase esta decisión pola existencia de prazas vacantes nos diferentes bloques de categorías e sempre buscando o equilibrio entre cubrir as prazas dispoñibles e acadar unha máxima puntuación como Selección Galega de cara a un Campionato de España por Comunidades Autónomas, no que a data actual Galicia acada unha meritoria 5ª posición provisional.
Os/as deportistas seleccionados/as terán dereito a unha axuda económica da FEGADO que cubrirá os custos de inscrición nesa disciplina, ademáis de parte dos gastos de manutención nunha cuantía a definir pola Xunta Directiva en función do número final de seleccionados/as en ambos CEOs (1 e 2). Para acceder ás axudas de manutención será imprescindible a presentación de tickets (transporte, gasolina, gastos en comida, restaurantes, hoteis, etc.) e cubrir o correspondente formulario de solicitude que será distribuído ao rematar os CEOs.
Parabéns e sorte a todos/as !
14/04/2022 Actualización dos/as seleccionados/as por mor de baixas xustificadas. Respéctase a relación inicial de seleccionados/as, engadindo (en verde) a outros/as deportistas.