Noticias

TRIPLE TRIUNFO DE NICO LÓPEZ NO CAMPIONATO DE EUROPA DE MTBO

O pasado domingo 10 de outubro finalizou o Campionato de Europa de MTBO que se disputou en Abrantes (Portugal). Os deportistas da FEGADO Ángel García (Club Brigantia Aventura), Nico López (Club O Pasatempo Betanzos), Javi López (Club Orientación Compás), Sofía Martínez (Club Orientación Compás) e Marcos Silvarrey (Club Gallaecia Raid) formaron parte da Selección Española neste evento.

Enfrontáronse a un sprint, unha proba de media distancia, outra de longa distancia, unhas remudas mixtas (senior) e clásicas (juniors e xuvenís).

Destacamos o triple triunfo do noso deportista xuvenil Nico López, que conseguiu a medalla de prata no sprint, rematou en terceira posición na distancia media e repetiu terceiro posto nas remudas xunto co resto do seu equipo. Sofía Martínez tamén conseguiu o diploma polo 5° posto do seu equipo de remudas en W17.

De xeito paralelo, seis orientadores da FEGADO competiron no Campionato do Mundo Master de MTBO.

Dende a FEGADO trasladamos a noraboa a tod@s @s deportistas polos excelentes resultados obtidos.


Podes consultar máis información e os resultados completos no enlace adxunto.