Noticias

Candidaturas á Asemblea Xeral e voto por correo

Hoxe, 14 de xullo, a Xunta Electoral aprobou o CENSO DEFINITIVO despois de terse rematado o prazo de reclamacións ao Comité Galego de Xustiza Deportiva e tamén o prazo de resolución das mesmas.

Establecido o censo definitivo ábrese o prazo de PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS á Asemblea Xeral que será só ata o día 19 de xullo. Recórdase que hay 23 prazas para clubs, 8 para deportistas/orientadores (das cales 1 para DGAN), 2 para xuíces/árbitros e 2 para técnicos/adestradores.

Para presentar as candidaturas basta con enviar a juntaelectoralfegado@gmail.com o formulario modelo de candidatura asinado.

No caso dos clubs, todos eles teñen cabida na Asemblea, polo tanto non haberá eleccións ao estamento de clubs, pero é imprescindible para poder formar parte dela, que envíen a súa candidatura en tempo e forma asinada polo presidente.

Tamén se recorda que o día 21 de xullo remata o prazo para solicitar o voto por correo, trámite que hai que facer a través da sede electrónica da Xunta de Galicia polo procedemento DE200A.