Noticias

LUIS NOGUEIRA COMPITE COA SELECCIÓN ESPAÑOLA NO CAMPIONATO DO MUNDO DE ORIENTACIÓN A PÉ CELEBRADO ESTA SEMANA EN FINLANDIA

Esta semana Kuopio (Finlandia) recibe o Campionato do Mundo de Orientación a Pé (WOC), no que competirán os orientadoras e orientadores da Selección Española entre os que se atopao noso deportista Luis Nogueira, do Club Raza Palleira.

O programa inclúe unha proba clasificatoria para a distancia media o martes 8, a final da distancia media o mércores 9, unha longa distancia o xoves 10 e finalmente unhas remudas o sábado 12.

As probas pódense seguir en directo en IOF Live, mediante GPS e resultados gratuitos. Ademais, pódense seguir tamén mediante streaming dende a IOF TV por 9 euros/proba ou 25 euros polas tres probas.

Dende a FEGADO enviamos moita sorte a todo o equipo!