Publicación Boletín 1 e cambio de horario 3ª proba LGTrailO - Montemuíño
Por motivos de organización e por mellorar a calidade tanto da proba da mañá como do TrailO, decidimos cambiar o horario deste último para a primeira hora da tarde (16:30).
A información xa foi publicada no Boletín 1 e o seu contido anula o do Boletín 0.
Pedimos desculpas por se esto pode ocasionar algunha molestia ós participantes e animámosvos a desfrutar dunha xornada completa de orientación en Porto do Son cunha "distancia longa" pola mañá e un "trailO" pola tarde.
Os que participan na proba da mañá poden levar a comida e quedarse tranquilamente no Centro de competición da mañá nunha zona con mesas e pinares con herba moi agradable.
Os prezos das inscricións seguen a ser os mesmos.