APLAZAMENTO do BUDIÑORAID_Baixo Miño 2018
Dendea organización do BUDIÑORAID lamentamos comunicarvos o APLAZAMENTOdo 4º BUDIÑORAID_BaixoMiño 2018.
Estadecisión débese á situaciónde incertidume xerada nas últimas horas sobre unha suposta carencia que se podríadar na cobertura legal da proba.
Estivemos analizando detidamente todas as opcións posibles para evitar tomar esta drástica decisión, pero a falta material de tempo para poder facelo satisfactoriamente abocounos a esta desafortunada situación.
Lamentamos profundamente o trastorno que para todos vos isto poida supoñer.
Estamos traballando xa para volver a calendar o Raid na maior brevidade posible vista a gran aceptación e acollemento que estaba tendo tanto por parte dos competidores como polas administracións, patrocinadores e colaboradores implicados na organización.
Convocamos a todos os equipos xa desprazados ó Baixo Miño a unha reunión informativa mañá Sábado 27 ás 09:30 na Praza do Concello de Tomiño, lugar de saída do Raid.