PROBAS DO SÁBADO 11 MARZO DO CLUB O PASATEMPO
Por problemas coas autorizacións para realizar, na zona de Vilarmaior, a 1ª proba da Liga Galega de OP e a 1ª proba e Campionato Galego de MTBO distancia media, o Club o Pasatempo decidiu aprazar a proba de MTBO e continuar, cambiando de ubicación, coa 1ª proba da Liga Galega de OP no mapa de Areas (Paderne). Tamén, haberá un Score noscturno o mesmo día e na mesma zona.
A inscripción farase por separado a cada evento.
Públicase o Boletín da 1ª proba da Liga Galega de OP (Areas-Paderne) e o Boletín 1 do Score Nocturno.
Recordamos que os horarios son:
14h-1ª proba da Liga Galega de OP (Areas-Paderne)
19h- Score nocturno (1 hora)