MARCOS, SOFÍA E NOA REPRESENTARÁN A ESPAÑA NO CAMPIONATO DE EUROPA DE MTBO XUVENIL E JUNIOR, CELEBRADO ESTA SEMANA EN PORTUGAL
Os nosos orientadores e orientadoras Sofía Martínez, Noa Rodríguez e Marcos Silvarrey xa están en Portugal, listos para representar a España no Campionato de Europa de MTBO, co resto de integrantes da Selección Nacional Absoluta, Xuvenil e Junior.
A competición comeza este mércores 26 ás 9:00 coa distancia media. O xoves 27 tamén ás 9:00 será o turno da longa distancia para os nosos deportistas xuvenís e junior, mentres que as seleccións absolutas enfrontaranse paralelamente á Mass Start. O venres disputarase o Sprint que dará comezo ás 9:30 e a competición despedirase o sábado 29 coas remudas, que no caso dos xuvenís e junior comezarán ás 11:00 e para as categorías absoutas ás 9:00. O programa completo está dispoñible aquí
O Campionato pódese seguir en directo aquí e os últimos detalles da proba están dispoñibles na web do evento.
Moita sorte aos nos@s tres orientadores/as!