ÚLTIMAS HORAS DE INSCRICIÓN AO CAMPIONATO GALEGO DE SPRINT (información importante)
O vindeiro sábado 18 de febreiro dá comezo a tempada 2023 co Campionato Galego de Sprint, organizado en Vigo polo Club VigOrienta.
A competición constará de dúas probas, a I proba da Liga Galega de Sprint celebrada pola mañá e a II proba da Liga Galega de Sprint pola tarde. Polo tanto, para ser proclamado campión/oa galego/a deberase conseguir o maior número de puntos na suma das dúas probas.
IMPORTANTE: Lembramos que se queredes participar nas dúas probas, debedes inscribirvos a cada unha delas de xeito independiente. As inscricións pechan este domingo 12 de febreiro ás 23:50.