Noticias

PARTICIPACIÓN GALEGA NO "TROFEO QUIJOTES- CIUDAD DEL DONCEL"

Algúns dos nosos orientadores e orientadoras competiron a pasada fin de semana na VI proba da Liga Española de O-pé en Sigüenza (Guadalajara)

O evento consistiu en tres probas: media, longa e sprint.

En total Galicia conseguiu catro ouros, dous de Rosa María Pernas (Club USC) na distancia media e no sprint en F60; e outros dous de Concepción González (Club Orientación Compás) e María José Naya (Club Orientación Liceo) nas categorías F55 e F65, respectivamente. Ademais, Rosa María Pernas (Club USC) tamén conseguiu o segundo posto na longa en F60 e María José Naya (Club Orientación Liceo) dúas pratas, na longa e na media en F65.

Parabéns a tod@s!


Os resultados completos pódense consultar aquí