Noticias

PRESELECCIÓN GALEGA Campionato de España de MTBO 2025 (CEMTBO) | 28 e 29 de xuño | Santa Pola (Alicante)

Adxuntamos unha extensa lista de 55 persoas deportistas que loitarán polas 26 prazas dispoñibles para formar parte da Selección Galega do CEMTBO 2025 de Santa Pola (Alicante).

Que significa estar entre as persoas preseleccionadas ? É un recoñecemento ao esforzo e aos méritos deportivos individuais. Tamén aplícanse decisións técnicas e valórase positivamente a participación en actividades da FEGADO e FEDO. Non é unha lista pechada.

Motivación e novas experiencias. A preselección ten o obxectivo de motivar ás persoas deportistas para perseverar no proceso de mellora individual continua.Tamén para dar o salto e probar a experiencia de saír ás probas de nivel nacional, formando parte do grupo da FEGADO que se despraza regularmente ás competicións.

Que debo cumprir para formar parte da Selección Galega? A selección definitiva farase entre as persoas inscritas no CEMTBO na plataforma SICO. Hai un número limitado de 26 prazas (13 mulleres e 13 homes), repartidos por grupos de categorías. Poderán quedar prazas vacantes se a Vogalía e MTBO e a Dirección Técnica consideran que non se acadan uns mínimos esixibles. Aplicaranse os criterios de selección reflectidos no documento adxunto que se integrará no Programa para a tempada 2025: Seleccións Galegas O-Pé, MTBO, RAID e Trail-O e que será publicado na web da FEGADO: TRANSPARENCIA + SELECCIÓNS GALEGAS ao longo da tempada.