Noticias

Abertas as inscricións nas xornadas de TECNIFICACIÓN FEGADO que terán lugar en paralelo aos "5 días de España" (XIV Trofeo Quijotes) do 25 ao 29 de agosto na Serranía de Cuenca

Datas. Tal e como contempla o noso Proxecto Deportivo de O-Pé para a tempada 2021, activamos a actividade de tecnificación en paralelo á competición dos 5 días de España e XIV Trofeo Quijotes que se celebrará osvindeiros 25, 26, 27, 28 e 29 de agosto na marabillosa Serranía de Cuenca.

Horarios e puntode encontro. Pensamos nunha actividade como charlas técnicas en pequenos grupos a celebrar no Centro de Competición cara ao mediodía para que as familias teñan as tardes libres: análise do mapa de cada día, acertos e erros, técnicas empregadas, eleccións de rutas, comentarios sobre os elementos do terreo e vexetación, etc.

Obxectivo. Traballar o rendemento deportivo de base, entendido como a etapa de desenrolo e perfeccionamento previa á participación en categorías absolutas e anteriores á absoluta. Servirá como preparación de cara ao vindeiro Campionato de España do 25 e 26 de setembro na Serra de Albarracín(Teruel).

Convocados os G1,G2 e G3 do Proxecto de Tecnificación e Alto Rendemento Deportivo. A actividade está enfocada aos rapaces que progresan autonomamenteen probas oficias (mínimo M/F 12) e que habitualmente participan nas actividades de tecnificación nos Grupos 1 (básico), Grupo 2 (intermedio) ou Grupo 3 (perfeccionamento).

Escola de Pequenos Orientadores (U-10). Están convidados a participar coma oíntes os nenos e nanas da Escola de Pequenos Orientadorese calquera participante das categorías U-10.

Coordinación, solicitudes de participación e data límite de confirmación. O grupo estará coordinado por Ángel Álvarez Serto. Será imprescindible enviar solicitudes de participación para a actividade, preferentemente a través do responsable do club, á dirección de correo-e fegado.tecnificacion@gmail.com.

Datos a facilitar NOME e APELIDOS | DATA de NACEMENTO | CONCELLO DE RESIDENCIA

É IMPORTANTE facilitar un TELÉFONO DE CONTACTO(para coordinar cada actividade no terreo a través dun grupo whatsapp). Data e hora límite, martes 24 de agosto ás 22:00 horas.

Protocolo COVID. Será de aplicación o Protocolo FISICOVID-DXT GALEGO da FEGADO, que obríganos a separar aos participantes en pequenos grupos. Aínda que a actividade sexa ao aire libre, recordamos a obrigatoriedade de respectar, na medida do posible, as distancias interpersoais e a obrigatorieda de de uso de máscaras homologadas (FFP2 no caso monitores). Haberá material COVID da FEGADO no puntode reunión (dispensadores de xel hidroalcohólico para cada grupo, etc.).

Axuda económica da FEGADO para os G1, G2e G3 e monitores/as. Está habilitada unha partida orzamentaria para esta actividade en forma de dietas de desprazamento e manutención para os nenos/as dos Grupos 1, 2 e 3 que asistan ás charlas, así coma para os monitores/as que colaboren.