Noticias

Cancelación de probas

Dende Xesta Natureza, por motivos persoais de forza maior, temos que informar da imposibilidade de levar a cabo a organización da dobre proba prevista para a fin de semana do 1 e 2 de outubro.

Despois de falalo cos organizadores de probas conxuntas esa fin de semana (Limiactiva), e tamén co presidente da FEGADO, vemos que non existe ningún tipo de alternativa a celebrar ditas probas.

Dende Xesta Natureza, sentimos enormemente non poder desenvolver as carreiras, e lamentamos as molestias ocasionadas á Federación Galega de Orientación, así como a toda a familia orientadora.

Graciñas, e vémonos no monte!,

XESTA NATUREZA