Noticias

LISTAXE dos/as deportistas PRESELECCIONADOS/AS para os Campionatos de España de Orientación a Pé 2022 (CEO2 e CEO1)

En aplicación do Programa Xeral para Seleccións Galegas e do Proxecto Deportivo de Orientación a Pé 2022, procedemos a publicar a relación de deportistas preseleccionados/as que loitarán por cada unha das 34 prazas dispoñibles en cada unha das dúas fases do Campionato de España de Orientación a Pé 2022.

Para cada un dos Campionatos de España O-Pé 2022 (CEO-2 de Extremadura e CEO-1 de Aragón) publicaremos unha relación definitiva cos/coas 34 seleccionados/as a partir dos/as deportistas inscritos/as na plataforma SICO.

NOTA IMPORTANTE. Data límite para as inscricións en SICO (con recargo):

CEO-2 Extremadura: mércores 23 de marzo de 2022 ás 23:59 horas.

CEO-1 Aragón: domingo 3 de abril de 2022 ás 23:59 horas.

Parabéns a todos/as