Noticias

A FEDO ORGANIZA DOUS CURSOS FORMATIVOS PARA XUÍCES/ZAS DE CRONOMETRAXE

A Federación Española de Orientación organiza dúas actividades de formación de xuíces/zas de cronometraxe:

Un curso online de Xuíz/a de Cronometraxe de Nivel II (con especialidade de Trail-O), os días 21, 22 e 23 de marzo. O curso estará impartido por Abel J. Otero Ramírez.

As inscricións realízanse a través da plataforma SICO ata o próximo 15 de marzo, ou ata esgotar as prazas dispoñibles. Haberá 5 prazas preferentes para xuíces/zas de cronometraxe en probas de Trail-O esta temporada e o resto asignaranse por orde de inscrición. O prezo é de 40 euros. Máis información no boletín do evento.

Un curso de xuíz/a de cronometraxe nivel I, en colaboración coa Federación Asturiana. Está dirixido a todas as persoas interesadas na cronometraxe de carreiras de orientación, a nivel rexional ou en eventos de pequena e mediana escala. Ademais, esta titulación permite continuar coa formación do nivel 2, para cronometrar probas a nivel nacional.

Será impartido por Alfonso Flórez Fernández, con sesións online e unha parte presencial o 18 de marzo en La Morgal (Asturias). As inscricións estarán abertas en SICO ata o 8 de marzo ou ata completar o aforo. O prezo será de 65 euros para persoas federadas e de 109 euros para quenes non teñan licenza federativa.

Está previsto que esta formación se inclúa no programa Muller e Deporte da FEDO. Neste caso, devolverase o importe da inscrición ás primeiras 10 mulleres inscritas. Máis información no seu boletín.