Noticias

PONTEVEDRA ACOLLEU ESTE DOMINGO O V WOMAN RAID

A provincia de Pontevedra recibiu este domingo 19 a máis de cen deportistas que competiron no V Woman Raid. Con esta proba a FEDO busca fomentar a participación feminina nos Raids de Aventura, para o que conta co apoio do programa "Muller e Deporte" do Consello Superior de Deportes.

Os equipos das categorías superiores tiveron que completar un total de 56 km nun tempo máximo de seis horas, enfrontándose a seccións de BTT, orientación a pé, trekking e probas especiais de paddle surf, zancos e memoria.

En ÉLITE MIXTO, o equipo gañador foi o Endurance COCO, seguido de CDM Xesteiras- GV Sports e La Clásica Lugo- Club de Orientación Coruña, que conseguiron as medallas de prata e bronce, respectivamente. Na categoría ÉLITE MASCULINA o Aromon Resiliencia proclamouse campión e o equipo Habelas Hainas rematou en segunda posición.

O conxunto COCO logrou o ouro en AVENTURA MIXTO, mentres que a segunda posición foi para SEO Ciclos Ordes e o equipo Gallaecia Raid Aventura- CONSA quedou en terceiro lugar. Na categoría AVENTURA FEMININA, Billete de 500 foi o equipo campión. En MASCULINO, o conxunto Aviva conseguiu o primeiro posto e Misfits chegou en segunda posición.

Por último, na categoría ORIENTARAID o ouro foi para Gallaecia Raidsistiré, mentres que o C.D. Pinarium conseguiu a medalla de prata e o SEO Ordes- Padrón o bronce.

Agradecemos o traballo do club Habelas Hainas e de Xesta Natureza, que permitiron aos equipos desfrutar dunha competición multidisciplinar na que os deportistas puxeron a proba non só a súa capacidade de orientación, senón tamén a súa resistencia física, mantendo en todo momento as normas marcadas polos Protocolos COVID. Agradecemos tamén a colaboración da Deputación de Pontevedra e do Concello de Pontevedra.


No documento adxunto pódense consultar os resultados completos. Parabéns a todos os equipos!

Achéganse tamén un enlace ás fotos realizadas pola organización.