Noticias

Grupo FEGADO no Campo de Adestramento FEDO en Guardamar

Entre os días 2 e 5 de xaneiro, 8 deportistas das nosas categorías base participan no Campo de Adestramento Técnico da Federación Española en Guardamar (Alicante).

Coordinados polo noso técnico, Ángel Álvarez Serto, aproveitan estes días para adestrar nun dos terreos máis esixentes da xeografía española, co obxectivo de mellorar de cara a vindeiras competicións. Na actividade participan case douscentos deportistas de toda a península propiciando, ademais da melloría técnica, un bo intercambio de experiencias con orientadores/as doutras comunidades.

Na fotografía axunta, unha imaxe de todo o grupo (de esquerda a dereita e de arriba a abaixo): Nicolás López (OPBZ), Sofía Martínez (Fluvial Lugo), Pablo Fernández (Fluvial Lugo), Ángel A. Serto (AROMON), Javier López (Fluvial Lugo), Xián Novoa (AROMON), Sara Nogueras (Fluvial Lugo), Mateo Rodríguez (AROMON), Eloi Serantes (ADC Arnela).