TRESCENTOS ORIENTADORES DÉRONSE CITA ESTE SÁBADO EN BETANZOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ROGAINE
Os concellos de Betanzos, Paderne, Irixoa e Vilarmaior acolleron a o pasado sábado 11 de decembro o Campionato de España de Rogaine e Campionato Galego de Rogaine, a última proba puntuable tanto para a Liga Española como para a Liga Galega desta temporada.
As categorías superiores tiveron que completar os seus percorridos nun tempo máximo de 10 horas por un terreo típico de Galicia entre as cuncas dos ríos Mandeo e Lambre.
Na categoría ABSOLUTA MASCULINA o equipo Endurance-COCO proclamouse campión de España, seguido de Brigantia Malarruta e Aromon Cota Cero que conseguiron as medallas de prata e bronce, respectivamente. En ABSOLUTA MIXTA a primeira posición foi para Fluvial Lugo - Os Barbas, mentres que Fluvial Lugo @s Castrex@s logrou un segundo posto e La Clásica - Club Orientación Coruña rematou en terceiro lugar.
Gallaecia "Las Dopi" conseguiron a prata en JUNIOR FEMININO e o conxunto Compás - Magenta chegou en terceira posición.
En SUPERVETERANOS, as USC_ Golden Ladies foron as campioas da categoría feminina, mentres que na masculina o equipo Fluvial Lugo Muralla Romana proclamouse subcampión. Nos equipos mixtos, o primeiro posto foi para Compás - Endorfina e Aromon Supervetmix conseguiu a medalla de bronce.
En VETERANOS MIXTO Compás - MTC e Gallaecia Aventura-Consa facíanse coa prata e o bronce, respectivamente. Na categoría feminina, o equipo U-Vigo Pisamontes chegou en segunda posición e o podium da categoría masculina foi para Fluvial Lugo - Colmenar Orientación en primeiro lugar, seguido de Aromon KSINFRO e San Martiño COCO orientación.
Dende a FEGADO agradecemos ao Club O Pasatempo Betanzos o duro traballo realizado os pasados meses para permitirnos desfrutar desta proba, na que se garantiron en todo momento as medidas sanitarias establecidas polos Protocolos COVID.
Parabéns a todos os equipos!
Achégase o enlace á web do evento no que están dispoñibles os resultados completos, así como os tracks do GPS. Achéganse tamén as fotos da proba realizadas por Teresa Bellón, Lucía Parga e Rodrigo González.