Noticias

PARTICIPACIÓN GALEGA NO 34º TROFEO COSTA CÁLIDA

A pasada fin de semana celebrouse o 34º Trofeo Costa Cálida en Lorca (Murcia), no que participaron 6 orientadores e orientadoras da FEGADO.

Disputáronse tres probas: longa, media e sprint, puntuables para o ranking mundial (WRE) e para a Liga Española de O-Pé.

O noso orientador Ángel Álvarez Serto (Club Aromon de Pontevedra) conseguiu a medalla de prata na categoría M40 na distancia sprint.

O evento pódese revivir na canle de Youtube da FEDO. Achégase tamén o enlace aos resultados completos e aos percorridos GPS en TracTrac.