Noticias

EXCELENTES RESULTADOS DOS DEPORTISTAS DA FEGADO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ORIENTACIÓN A PÉ

Esta fin de semana a localidade de Frailes (Jaén) acolleu a segunda fase do Campionato de España de Orientación a Pé, que incluíu as probas de sprint e remudas mixtas, a cargo do Club Veleta Orientación. Celebrouse ademais unha proba de distancia media puntuable para o ranking nacional

No sprint celebrado o sábado pola tarde, Jana Albarrán, Iván Somoza (ambos do Club Gallaecia Raid) , Rosa Pernas proclamáronse campións en F14, M50 e F60. Pola súa banda, Concepción Gonzalez (Club de Orientación Compás) e Silvia Seoane (Club Gallaecia Raid) recolleron a prata en F55, F14 e F45, respectivamente, mentres que Mª José Naya foi terceira en F65. Mencionamos tamén a oitava posición de Mateo Rodríguez (Club Aromon de Pontevedra) en ME

Nas remudas mixtas destacamos a sexta posición do equipo Senior (Mateo Rodríguez, Jennie Börgesson, Alicia Pérez e Oliver Fernández), que rematou a menos de dous minutos do diploma.

Galicia conseguiu así a 10ª posición na clasificación por comunidades autónomas.

Os resultados completos están dispoñibles neste enlace e toda a información do evento pódese consultar aquí.