Noticias

¡¡Temos boas novas para tod@s @s participantes da proba de Orro do día 19/01/2020!!!

Este ano ides participar todos con tarxeta sportident gratis, gracias á xenerosidade dos nosos compañeiros dos clubes Fluvial, Aromon, Trevinca, Liceo e Arnela que nolas prestaron (entregarásevos o día da proba a cando o dorsal).


Non se vos vai pasar cargo algún polo uso delas por ser o primeiro ano, pero eso sí, moito ollo con perdelas que senón teredes que aboar 15 Euros por cada unha en concepto de reposición. Con ditas tarxetas poderedes a parte de ver o total de tempo exacto da vosa proba, tamén poderedes ver os parciais que facedes entre balizas (Ainda que realmente a andaina non se considera unha proba competitiva polo que non sacaremos clasificacións desa modalidade). Con este sistema ademáis facilitarase á organización as persoas que están por chegar. Recordade que ainda que abandonedes a proba deberedes OBRIGATORIAMENTE pasar por secretaría para descargar os datos e para devolver as tarxetas.

Se alguén prefiere correr có seu sportident que nos envíe o antes posible o número a este formulario https://forms.gle/QqmKpqiD2Yb4SpUm9

Por último, comentar que as tarxetas só admiten 20 picadas e ides ter 17 balizas no longo, 12 no curto e 10 balizas na andaina polo que debedes de asegurarvos que son as vosas balizas, se picades as de outros percorridos ó chegar ás 20 parará de contar e non vos contaran.

Vemonos no monte ;)

Evento relacionado

VII TRAIL E ANDAINA DE ORRO