Noticias

MÁIS DE DOUSCENTOS DEPORTISTAS DÉRONSE CITA NO CAMPIONATO IBÉRICO DE MTBO EN ORDES

O Concello de Ordes (A Coruña) acolleu a pasada fin de semana o Campionato Ibérico de MTBO, que reuniu a máis de douscentos deportistas españois e portugueses.

O sábado 7 pola mañá disputouse a distancia media, pola tarde celebrouse o sprint e a competición despediuse o domingo cunha proba de distancia longa.

En canto ás categorías absolutas, Ángel García (Club Brigantia Aventura) proclamouse campión nas tres probas en ME, mentres que Mar Delgado (Club OPBZ) recolleu as medallas de bronce en FE na distancia media e longa.

Trasladamos os parabéns a todos os participantes, así como ao Club Gallaecia Raid polo traballo realizado na organización deste evento.


Achégase o enlace aos resultados completos, así como aos percorridos GPS en Tracktherace e á web do evento.