O EQUIPO ENDURANCE CONSEGUIU A MEDALLA DE BRONCE A PASADA SEMANA NA TIERRA INDOMITA ADVENTURE RACE EN CHILE
Entre os pasados 8-13 de marzo, os Andes Chilenos acolleron a Tierra Indomita Adventure Race 2026, unha proba pertencente ás Series Mundiaisde Carreiras de Aventura (ARWS). Os equipos debían completar unha distancia de aproximadamente 500 km en sección de treking, kaiak e BTT, nun tempo máximo de 6 días e sen axuda externa.
O equipo Endurance, integrado polos deportistas galegos Jota Sancosmed, Borja Varela, Cecilia Abal e Tono Abal, alzouse coa terceira posición tras 3 días e 12 horas de carreira.
Dende a FEGADO trasladamos os parabés a tod@s @s integrantes do equipo.
Toda a información da proba e os resultados completos estándispoñibles neste enlace
