Noticias

CLASIFICACIÓNS -- III Raid Concello de Cariño

Bueno, pois xa están aquí as clasificacións do III Raid Concello de Cariño.

Antes de nada, queremos pedir desculpas polos erros cometidos se os houbese e intenraremos que non se repitan nun futuro.

Pedir desculpas tamén ao equipo AC2Arquitectura_BudiñoRAID posto que houbo un erro humano (informático) que nos decatamos despois da entrega de premios e que, fainos vencedores da categoría Aventura.

Na categoría élite, impúxose o Gallaecia Fridama, dentro dunha apasionante disputa.

Gracias tamén aos equipos promoción dos que esperamos se enganchasen a este deporte.

En breves días teremos varios albumes fotográficos que iremos publicando no evento facebook:

III Raid Concello de Cariño

Saudos

CLUB BRIGANTIA AVENTURA

Evento relacionado

III Raid de Orientación Concello de Cariño