Noticias

[NOVO] REGULAMENTO RAID DE ORIENTACIÓN e NORMAS ANUAIS FEGADO 2023

Xa están á vosa disposición, tanto nas ligazóns adxuntas coma na sección TRANSPARENCIA e pestana NORMATIVA, o REGULAMENTO DE RAID ORIENTACIÓN 2023 [novo] e as correspondentes NORMAS ANUAIS FEGADO 2023 [novas] que aplican na tempada 2023 que arrinca o vindeiro 18 de marzo co Campionato Galego organizado por Xesta Natureza nos concellos de Melide, Toques e Santiso (A Coruña).

Tratamos de incorporar unha linguaxe inclusiva nos dous (2) documentos publicados pola FEGADO. Tamén estamos a traballar na versión galega do Regulamento de Raid, que contamos con ter dispoñible en breve.

Recordamos que na web da FEDO tamén está dispoñible un novo REGULAMENTO DE RAID DE ORIENTACIÓN E AVENTURA 2023, aprobado pola Comisión Delegada tras un longo proceso de actualización por parte da Comisión Extendida á que FEGADO ten enviado as súas propostas.

Para calquera dúbida ou incidencia, enviade un correo-e á conta fegado.direcciontecnica@gmail.com


As sucesivas correcións/actualizacións serán rexistradas na presente noticia.