Noticias

A LIGA ESPAÑOLA DE O-PÉ DEUSE CITA ESTA FIN DE SEMANA EN VALENCIA

A pasada fin de semana, a localidade valenciana de Requena acolleu o XIII Premi Internacional d´Orientación Comunitat Valenciana, organizado pola Federación de Orientación da Comunidade Valenciana (FEDOCV) e a SD Correcaminos.

O evento reuniu a máis de mil orientadoras e orientadores de toda a xeografía nacional e internacional, entre os que se atopaban algúns deportistas da FEGADO.

O sábado 9 de marzo a competición deu comezo cunha proba de distancia media e un sprint, ambos puntuables tanto para a Liga Española como para o ranking mundial (WRE). A distancia longa do domingo 10, tamén válida para o WRE e para o ranking nacional de orientación a pé, pechou o evento.

Toda a información está dispoñible na web do evento e os resultados completos pódense consultar aquí.