Noticias

VII RAID DO CONDADO- MARQUÉS DE VIZHOJA

A pasada fin de semana o Club Corelios Raiders organizou o VII Raid do Condado- Marqués de Vizhoja, que foi puntuable tanto para a Liga Galega de Raids de orientación como para o ranking nacional.

O evento disputouse nos concellos pontevedreses de As Neves, Salvaterra do Miño, Arbo e Crecente. Os quipos nas categorías superiores completaron un total de 165km divididos en dúas etapas e 12 seccións de kaiak, trekking, BTT e score.

Na categoría Aventura Mixto o OP Betanzos Raid Team (Roberto Chas, Mayte Barreira e David Casado) recolleu a medalla de prata, mentres que o bronce foi para o BudiñoRaid Atlas (Alba Oya, Víctor Manuel Mouriño e Carlos Amil). En Aventura Masculino o Aromon Costas Abaixo (Roberto Verde, Jorge López e David Rodríguez) foi terceiro.

Dende a FEGADO agradecemos o traballo da organización e trasladamos os parabéns a tod@s os participantes.

Os resultados completos están dispoñibles aquí.