PRE-SELECCIÓN GALEGA de cara ao CESA 2025 do 20, 21 e 22 de xuño | Porto do Son e Santiago de Compostela
Pre-selección e radiografía da nosa canteira. A relación de persoas deportistas adxunta a esta noticia é unha radiografía ampla dos rapaces e rapazas da nosa canteira que teñen participado autonomamente e con máis ou menos regularidade nas últimas edicións das Ligas Galegas O-Pé, Ligas Nacionais, CESAs e actividades de Tecnificación da FEGADO. Consideramos que todas elas teñen potencialidade para mellorar as súas técnicas de orientación de cara a poder participar neste CESA 2025 e/ou nas futuras edicións.
Lista aberta. En principio a lista está acotada aos tramos de idade que permiten participar no Campionato de España de Seleccións Autonómicas en Idade Escolar, pero non é unha lista pechada. Se non estás na lista e consideras que tes unha base para poder participar nas actividades PRE-CESA 2025 envía un correo á conta oripe@fegado.es.
CESA 2025 en Galicia. A selección definitiva do CESA estará integrada por un máximo de 8 deportistas infantís, 8 deportistas cadetes e 8 deportistas xuvenís e será publicada antes do 29 de maio.
Traballo de base nos clubs. É moi importante, e está a dar froitos, o traballo que facedes os clubs a través das súas Escolas de Orientación e actividades de promoción. Debemos seguir traballando para mellorar a estrutura da FEGADO posto que aínda somos poucos deportistas nas categorías inferiores e senior.
[IMPORTANTE] Actividades PRE-CESA de interese
- 17 e 18 maio 2025 Campionato de España de Centros Escolares de Orientación. Estará aberto aos rapaces de PRE-SELECCIÓN GALEGA en actividade de fin de semana longo (venres 16 a domingo 18) en réxime de copago para aloxamento e manutención [máis info en noticia que publicaremos mañá sábado 26 de abril].
- 24 e 25 maio 2025. Recomendamos participar na 6ª e 7ª probas da Liga de Orientación a Pé e 2ª Proba de Liga de Orientación Sprint na Estación de Montaña de Manzaneda. Teremos análise post-carreira e charlas formativas.
- 31 de maio (sábado). Adestramento SPRINT/REMUDAS pola mañá na Cidade Vella da Coruña aberto á PRE-SELECCIÓN no Día das Forzas Armadas (ás que agrademos esta xenerosa invitación). Estamos a valorar amplar o adestramento á tarde en mapa técnico de bosque na provincia de A Coruña (por concretar).
Tere Bellón (vogalía de O-pé)
Jorge Piñeiro (Director Técnico)