MADRID ACOLLE O CAMPIONATO DE ESPAÑA UNIVERSITARIO DE ORIENTACIÓN ESTA FIN DE SEMANA
As nosas deportistas Eva Casado e Candela Puime competirán dende este xoves 15 de maio no Campionato de España Universitario de Orientación 2025 (CEUO) representando ambás á Universidade de Vigo.
O evento celebrarase na localidade madrileña de San Martín de Valdeiglesias e está ao cargo da Universidade de Nebrija, co apoio da Federación Madrileña (FEMADO).
O xoves pola tarde disputarase o sprint, continuando o venres coa longa distancia e o sábado coa media.
Toda a información da proba, así como os resultados e seguimento en directo están dispoñibles neste enlace.