Noticias

LUCÍA PARGA RECOLLE A PRATA EN ELITE NO CAMPIONATO IBÉRICO FEMININO CELEBRADO A PASADA FIN DE SEMANA EN PORTUGAL

Loulé (Portugal) acolleu a pasada fin de semana o Campionato Ibérico Feminino de O-Pé 2024, organizado polo Club BTT Terra de Loulé. O programa incluía unha proba de media distancia, un sprint e unha longa distancia.

A nosa orientadora Lucía Parga (Club Aromon de Pontevedra) proclamouse subcampioa ibérica na categoría FE, Sara Nogueras (Club Fluvial de Lugo) foi a campioa de F16 e Alicia Pérez (Club Raza Palleira) tamén foi campioa en F40.

Os resultados completos da proba están dispoñibles aquí.