PARTICIPACIÓN GALEGA NO CAMPIONATO DE EXTREMADRUA DE MTBO
Os pasados días 24 e 25 de abril, catro d@s nos@s orientadores/as desprazáronse a Badajoz para competir na I e II probas da Liga Extremeña de MTBO, puntuables para formar parte da Selección Española de MTBO e poder aspirar a participar no Campionato do Mundo en Finlandia e no Campionato Europeo en Rusia.
O evento comezou o sábado cun Sprint en Alconchel, no que Ángel García García (Club Brigantia Aventura) acadou o bronce na categoría ME, mentres que Clauda Oreiro Chapela (Club Gallaecia Raid) proclamouse campioa da categoría F21B e Sofía Martínez Gómez (Club Fluvial de Lugo) e Marcos Silvarrey Oreiro (Club Gallaecia Raid) remataron en terceira posición nas categorías F17e M17, respectivamente.
O domingo, a localidade de Higuera de Vargas acolleu a proba de Distancia Longa, onde Ángel García García (Club Brigantia Aventura) conseguiu o ouro na Categoría ME e Marcos Silvarrey Oreiro (Club Gallaecia Raid) foi terceiro na categoría M17.
Parabéns a tod@s!
Para máis información, achegamos o enlace á páxina web de Extremadura Raid